Adriana Lastra e cargos do PSdeG condenan unha "campaña machista" contra a portavoz do PSOE en Ribadavia

Piden ao PPdeG que critique aos ataques que recibiu Noelia Rodríguez.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2021 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A portavoz do PSOE no Congreso dos Deputados, Adriana Lastra, e cargos do PSdeG como a deputada autonómica Marina Ortega condenaron unha "campaña machista" contra a portavoz do Partido Socialista no municipio ourensán de Ribadavia.

En concreto, unha imaxe persoal da socialista foi utilizada para facer montaxe nas redes sociais simulando unha portada antiga da revista Interviú. "Todo o meu apoio e recoñecemento á nosa compañeira @NoelinhaNoe, próxima alcaldesa de #Ribadavia, que está a ser vítima dunha campaña noxenta e machista. Ánimo Noelia!", sinala no texto publicado na rede social Twitter.

Pola súa banda, nun comunicado remitido aos medios, a parlamentaria autonómica Marina Ortega denunciou o "intolerable ataque machista e vejatorio" contra a "primeira muller que vai ser alcaldesa" de Ribadavia.

Ademais, emprazou ao PP a mostrar a súa condena contra este feito para evitar calquera tipo de complicidade con estes "ataques públicos" contra a imaxe de Noelia Rodríguez. E é que este feito ten lugar despois de que o PSdeG e Ribeiro en Común presentasen o luns unha moción de censura apartar da Alcaldía de Ribadavia ao popular César Fernández, coa socialista como candidata.

Noelia Rodríguez, líder do PSdeG en Ribadavia
Noelia Rodríguez, líder do PSdeG en Ribadavia | Fonte: PSdG-PSOE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta