Baltar provoca o afundimento de Ciudadanos en Ourense

Dimite o coordinador provincial de Ourense de Cs con críticas á actuación do partido nos últimos días, tras a dimisión esta mañá da deputada provincial Montserrat Lama.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/02/2021 | Actualizada ás 21:33

Comparte esta noticia

Manuel Riabo Arias, ata agora coordinador provincial de Ourense de Ciudadanos (Cs) presentou a súa dimisión este xoves. Este paso coincide na mesma xornada na que saíu do partido Montserrat Lama, a que era única representante da formación laranxa na Deputación de Ourense.

Segundo puido saber Europa Press, para renunciar ao seu posto, Ribao presentou un escrito no que explica que a súa decisión responde a "razóns de índole persoal e incompatibles coa maneira de actuar do partido nos últimos días". Ribao finaliza o seu escrito agradecendo "as oportunidades" que o partido lle brindou no seu momento.

Sede central de Ciudadanos Galicia
Sede central de Ciudadanos Galicia | Fonte: Cs.

Con todo, detrás da súa dimisión, como da deputada provincial Montserrat Lama está a man de Xosé Manuel Baltar que tentou evitar unha moción de censura promovida polo PSdeG no ente provincial con novos movementos e prometendo novos postos na deputación.

PASO DE MONTSERRAT LAMA

Montserrat Lama, tamén concelleira en Xinzo, anunciou en rolda de prensa horas antes que se pasaba ao grupo de non adscritos nas dúas institucións nas que ten unha acta, e avanzou que tratará de dar "estabilidade" ao goberno da Deputación, que dirixe Manuel Baltar (PP).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta