O PP 'salva' á alcaldesa de Boimorto da dimisión: "Vacineime para salvagardar aos residentes"

"Se non queren ser vostedes os sinalados no xornal de mañá nin ser cómplices, actúen", espetoulle a voceira socialista aos edís populares que evitaron a renuncia da rexedora.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2021 | Actualizada ás 22:59

Comparte esta noticia

Os cinco edís que se manteñen nas filas do PP no Concello de Boimorto salvaron de ser reprobada á alcaldesa, María Jesús Novo, que pediu a baixa do partido por mor da polémica xurdida despois de vacinarse contra a covid-19 na residencia de titularidade municipal sen formar parte do seu persoal.

Fixérono despois de que PSdeG (con tres concelleiros) e BNG (con dous) impulsasen unha iniciativa que foi sometida a votación e que reivindicaba a reprobación coa esixencia inmediata de dimisión da rexedora, que este venres se defendeu e asegurou que "o presunto escándalo" que a oposición "quere vender non existe".

"Vacineime en aras de salvagardar aos residentes que son a miña máxima preocupación neste tempo. Nunca aceptei pór esa vacina que viña ao meu nome por un interese propio, a miña conciencia xamais o permitiría", sentenciou a alcaldesa, quen asegurou contar co apoio dos veciños de Boimorto --"saben quen son", dixo--, e mesmo co respaldo privado de concelleiros da oposición.

Os portavoces de PSdeG e BNG no pleno, Sandra Sánchez e Xosé Luís Rivas, puxeron o foco nos populares, a quen a socialista interpelou directamente. "Se non queren ser vostedes os sinalados no xornal de mañá nin ser cómplices, actúen", apelou.

Os dirixentes populares non responderon e a iniciativa quedou rexeitada coa maioría do voto do PP fronte aos de socialistas e nacionalistas.

A alcaldesa de Boimorto , María Jesús Novo, durante un pleno extraordinario no Concello da localidade, en Boimorto, A Coruña, Galicia (España), a 12 de febreiro de 2021.. M. Dylan - Europa Press
A alcaldesa de Boimorto , María Jesús Novo, durante un pleno extraordinario no Concello da localidade, en Boimorto, A Coruña, Galicia (España), a 12 de febreiro de 2021.. M. Dylan - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta