O rei de España e as medusas

Amarguei parte do domingo lendo que en Marrocos saiu á rúa, grazas á intermediación do rei de España, que falou co de Marrocos, un pederasta condenado a 30 anos por abusar de cativas e cativos e que seica era colaborador do exército español. Condeado. Con probas. Pero o rei intercedeu para indultalo. No mesmo xornal, leo que as medusas non teñen nin cerebro nin corazón. Coma a xustiza esta.

Por Francisco Castro | Vigo | 06/08/2013

Comparte esta noticia
É sumamente grave que un rei medie para nada. O rei non debe mediar para nada. Estou ata ese sitio de aturar que grandes negocios se fixeron para España (a min nunca me toca nada, igual non son español) grazas ao rei. Ou que tales empresas se instalaron aquí, ou empresas españolas non sei onde, grazas ao rei. Merda de economía temos se dependemos da campechanía dun monarca. O día en que reine un (porque "unhas" de momento non poden reinar #vergonza) e non sexa campechano para facer negocios mentres asasina elefantes, imos todos ao paro.
 
En calquera caso, debe de ir vello o monarca este porque seica a economía española anda como que mal. Igual é culpa del.
 
Dicía que un rei non debe de mediar en nada. Canto menos en asuntos penais. Canto menos en asuntos de condeas en firme coma a do señor ese que, seica, se presiona para que saia para así pagarlle os favores por el servidos ao exército español (outra cousa que tería que desaparecer, ese e todos os demais) na querra de Iraq (así dicían as novas de prensa: non quedamos en que España non fora á guerra?). E eu non discuto que igual é un heroe. Eu non discuto os servizos prestados. E non o discuto porque, ademais, non foi condeado por iso, senón por abusar sexualmente de once nenos e de nenas entre 5 e 15 anos. Un anxiño que igual era moi válido para iso da guerra. Pero que como pederasta, fixese o que fixese por España (se é que algo fixo), merece unha condea e, por suposto, non merece o indulto.
 
E moito menos que o rei de España interceda por el para que o saquen de prisión.
E, como digo, no mesmo xornal, lin que as medusas están a invadir os mares todos, e que son perigosas, e que incluso hainas mortais. E que non teñen nin cerebro nin corazón.
Coma certas aplicacións da xustiza.
 
Igual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) é editor e escritor na Editorial Galaxia e desde 2010 é o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autor, entre outras obras, de "Xeración Perdida", "Un bosque cheo de faias", Spam e Chamádeme Simbad, entre outras. @franciscocastro