Alu Ibérica renova a súa dirección xeral en pleno conflito cos traballadores da Coruña

A nova do nomeamento chega pouco despois de que se coñecera o despido do presidente de comité de empresa por "causas disciplinarias".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 12:31

Comparte esta noticia

Alu Ibérica fixo este luns efectivo o nomeamento de Carlos Núñez Zorrilla, experto en dirección industrial, como director xeral da compañía, segundo informa. Sobre este nomeamento, indica que é "un punto de inflexión para a consolidación do plan industrial deseñado polos propietarios, orientado á produción de aluminio verde circular". "Unha nova etapa na que o novo director xeral achegará a súa experiencia para reforzar a estratexia en todas as liñas de traballo: industrial, operativa, comercial e financeira".

Natural de Barcelona, de Carlos Núñez, enxeñeiro informático e electrónico, explica que "acumula máis de 30 anos de experiencia na xestión de empresas e proxectos no ámbito industrial". "Especialista en dirección industrial, desenvolveu a súa carreira definindo estratexias para potenciar o crecemento e desenvolvemento de negocio, sempre enfocado á mellora da competitividade e a sustentabilidade de factorías nos sectores de siderurgia, automoción, xestión de residuos industriais e enerxía, principalmente", apunta.

De face á súa xestión, o novo director de Alu Ibérica afirma que a súa intención é que estea marcada por "a vontade de entendemento". "Para facer que todo o persoal se embarque nun proxecto máis competitivo e sustentable, facendo de Alu Ibérica un motor estratéxico para a industria de Galicia e Asturias, un eixo industrial que poida converter a España nun referente para Europa". As palabras de Núñez Zorilla chegan logo dunha longa etapa de enfrontamento cos traballadores da planta da coruña que, días atrás, se saldou co despedimento por "causas disciplinarias" do presidente do Comité de Empresa.

Protesta de traballadores de Alu Ibérica na Coruña
Protesta de traballadores de Alu Ibérica na Coruña | Fonte: Comité de empresa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta