Continúa o peche da hostalaría e o comercio recuperará o mércores o seu horario normal

Así o anunciou en rolda de prensa o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do comité clínico que acordou o inicio dunha desescalada "gradual" e "prudente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2021 | Actualizada ás 14:32

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu manter a Galicia en restricións máximas, o que implica o peche perimetral de todos os municipios e dos locais de hostalaría.

Con todo, o comercio non esencial, que tan só abre ata as 18,00 da tarde, poderá abrir con horario normal a partir do mércores. Así o anunciou en rolda de prensa o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do comité clínico que acordou o inicio dunha desescalada "gradual" e "prudente".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do comité clínico xunto cos conselleiros de Sanidade e Política Social, Xullo García Comesaña e Fabiola García.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, preside a reunión do comité clínico xunto cos conselleiros de Sanidade e Política Social, Xullo García Comesaña e Fabiola García.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Esta semana continuará o peche perimetral en base aos datos de saturación das UCIS. Prolónganse as restricións máximas en Galicia unha semana máis, tanto de mobilidade por municipios, como de reunión de conviventes. As aulas presenciais de educación especial, como conservatorios, volven o 22 de febreiro, con algunha excepcion.

DEPORTE

As aulas na universidade serán online ata o 1 de marzo, para así facer un cribado previo ao estudantado a proxima semana. Sobre prácticas deportivas, retómase o deporte federado e  reabren as instalacions ao aire libre para practica individual.

Permitese reapertura interior dos restaurantes das estacions de servizo para os transportistas, que deberán comer individualmente. Permitese a celebración de certas actividades culturais.

Nas residencias, a partir do mércores 17 de febreiro comeza a desescalada. Aquelas residenciass onde xa pasaran 10 ou máis dias desde que se completou a segunda dose, poderán recibir 3 visitas por semana con 2 familiares de referencia. Nos centros de discapacidade, os usuarios poderán saír cos seus familiares nese mesmo caso (10 ou más días despois da segunda dose).

As restricións da hostalaría e reunións de non conviventes seguen igual, polo menos ata a vindeira reunión do comité (proximo luns). Tamén se avanzaron novas medidas para a hostalaría.

UNIVERSIDADES

As tres universidades galegas --A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela-- recuperarán a docencia presencial o luns 1 de marzo, mentres que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ofrecerá aos estudantes a posibilidade de someterse a un cribado antes de volver ás aulas.

En canto ás clases presenciais en ensinos especiais --conservatorios, escolas de danza e escolas de idioma, entre outros servizos que levan pechados desde finais de xaneiro--, retomaranse o vindeiro luns, 22 de febreiro, con carácter xeral.

Así o avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa ofrecida este luns tras a reunión do comité clínico que asegura á Administración galega na pandemia da covid-19.

NON TIRAR POR TERRA OS ESFORZOS

"Eu quixera abrir moito máis, pero non podo", sentenciou Feijóo na rolda de prensa posterior ao comité clínico, na que tamén subliñou que desexaría abrir "máis rápido".  Neste sentido, Feijóo defendeu que os datos melloraron de forma obxectiva: tanto a incidencia a sete e 14 días, como a taxa de positividade (que se volveu a situar por baixo do 5%) e a presión asistencial, cun descenso dun 11% da ocupación da UCI e un 35% a de planta en relación ao pico da terceira onda.

Con todo, o presidente galego incidiu en que os datos aínda non son o "suficientemente" bos e apelou a ser prudentes para "non botar por terra os esforzos" realizados e que impactan, sobre todo, en familias que viven da hostalaría ou ligadas a outros sectores máis afectados.

Ademais, Feijóo preveu do impacto das novas cepas, como a británica, que "xa é predominante", pero tamén da surafricana, a brasileira ou outras novas que se poidan dar.  E á baixa inmunización natural, o presidente sumou que as vacinas aínda non son "suficientes" para poder avanzar con maior rapidez na protección dos cidadáns, o que deixaría á poboación galega máis exposta ao impacto das novas cepas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta