Temas: MúSICA CONCURSO

A música tradicional galega reinvéntase en épocas de pandemia

Xandre Outeiro propón un concurso de coplas na súa canle de Twitch.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

O artista Xandre Outeiro propón un concurso de cantigas e coplas no Volai-Vai e na súa canle de Twitch no que poderán participar todos e todas aquelas que estean rexistradas no Volai-Vai. O directo comezará hoxe, venres 19 de febreiro, ás 20:30h. 

Unha persoa cun ordenador
Unha persoa cun ordenador

As bases do concurso consisten en que, durante o directo, as participantes terán que subir as súas cantigas e esas serán as únicas que concursarán. Pola súa banda, as coplas que formarán parte do concurso serán aquelas que cumpran as "normas" do Volai-Vai que aparecen na sección de 'Instrucións' da páxina web.

CATEGORÍAS E PREMIOS

Con respecto ás categorías que compoñen o concurso, haberá catro que serán as que permitirán ás participantes gañar o premio final, unha camisola exclusiva de Tentatoura.

Estas categorías son "Á máis prolífica", que gañará a que suba máis coplas durante o directo; "Prémio Verdelho", que será para quen suba máis coplas na sección 'Paprika'; o "Prémio Paprika", que gañará a mellor copla desta sección; e o "Prémio á mellor copla das seguintes categorías temáticas: coplas no verbo dos arxinas, coplas de caciques, coplas de cartas, coplas de escárnio; coplas da lua e coplas de vell@s, e Coplas, coplas, e máis coplas!".

Temas: MúSICA CONCURSO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta