As oposicións para 396 prazas de categorías administrativas e de emprego social serán o 20 e 21 de marzo

Haberá probas nas sedes de Silleda e Lugo para os exames de psicoloxía, asistencia social, medicina, e bioloxía.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2021 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

A Xunta fixou os días 20 e 21 de marzo para a celebración dos exames para 396 prazas de categorías administrativas e de emprego social, que se farán cos protocolos contra a pandemia fixados polas autoridades sanitarias.

Esta cita para nove categorías diferentes terá lugar simultaneamente en dúas sedes: o recinto feiral de Silleda e o Pazo de Congresos de Lugo. O sábado 20 pola mañá realizarase en Silleda e en Lugo o exame para 63 prazas do grupo A1 de psicoloxía//I psicólogo --para o que están convocados 1.253 aspirantes--. Ese día pola tarde, terán lugar, tamén en ambas as sedes, as probas para 89 prazas do grupo A2 traballador social//II asistente social, nas que están chamadas a participar 1.284 persoas.

A continuación, o domingo 21 pola mañá celebrarase en Silleda e en Lugo o exame para 174 prazas do grupo A1 do corpo superior/I titulado superior, ao que están convocados 1.601 aspirantes. Na tarde do domingo, realizaranse en Silleda as probas para 39 prazas do grupo A1 medicina/I médico con 95 aspirantes convocados; e para 31 do grupo A1 bioloxía --con 666 persoas convocadas--.

GARANTÍAS SANITARIAS

A Xunta sostén que as probas "se realizarán con todas as garantías sanitarias" no recinto feiral de Silleda, con capacidade para 13.600 persoas, e no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, con capacidade para case 1.800.

Só se permitirá o acceso aos edificios aos opositores que realicen os exercicios e ao persoal implicado no seu desenvolvemento, polo que as persoas aspirantes deben acudir sós (agás que precisen asistencia).

Primeiras probas de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta celebradas no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca.. XUNTA
Primeiras probas de funcionarización do persoal laboral fixo da Xunta celebradas no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta