Obras de distintas disciplinas artísticas terán premio grazas á Deputación da Coruña

A contía dos premios será de 6.500 euros.

Por E.P. | A CORUÑA | 25/02/2021 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña convoca este ano catro premios para o recoñecemento de obras en distintas disciplinas artísticas, segundo informa.

Nesta edición dos premios culturais, inclúense no catálogo de certames culturais da institución o Luís Ksado de creación fotográfica, o Castelao de banda deseñada, Jesús Núñez de Arte Gráfica e o Certame de Arte Isaac Díaz Pardo.

Os catro premios estarán dotados con 6.500 euros e o prazo para presentar obra iniciarase cando saia a data no Boletín Oficial da Provincia. A mesma prolongarase ata o 30 de abril no caso dos premios Castelao, Ksado e Díaz Pardo e será do 1 xuño ao 30 xullo para o Jesús Núñez.

"As convocatorias responden á vontade de apoiar a creación cultural, en todo o abanico de posibilidades que existe", sinala o deputado responsable da área de Cultura, Xurxo Couto.

Ademais, lembra que, xunto aos artísticos, nesta edición de premios convócanse os literarios Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, o Rafael Dieste de textos teatrais, o Murguía de ensaio e os de narrativa en galego e español Torrente Ballester, entre outros.

O deputado responsable da área de Cultura na Coruña, Xurxo Couto. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O deputado responsable da área de Cultura na Coruña, Xurxo Couto. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta