A Xunta, de querer obrigar a usar as FFP2 a non darllas aos traballadores das súas residencias

Empregados de centros de Política Social demandan á conselleira que comece a subministrarlles máscaras FPP2 para rematar coa situación de "risco" que supón empregar as hixiénicas en ambientes mal ventilados. Destacan que ela "sempre as emprega" nas visitas "protocolarias" que realiza.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2021 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

Nova denuncia no tocante ao emprego de máscaras por parte dos traballadores da administración. Un mes despois de que Feijóo quixera “abrir do debate” de facer obrigatorias as FFP2, traballadores dependentes da Consellería de Política Social veñen de denunciar que a Xunta de Galicia tan só lles subministra máscaras hixiénicas, unha práctica que tales empregados coidan como “moi perigosa”.

Feijóo en San Cateano o pasado luns 22. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
Feijóo en San Cateano o pasado luns 22. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Os traballadores en cuestión exercen como coidadores nas residencias de maiores e CAPD, unha situación “de primeira liña”, como eles mesmos sinalan; posto que, aínda que os casos en residencias están agora mesmo en mínimos históricos, quedou probado que se trata de zonas cun alto nivel de transmisión. Por iso critican a decisión da Consellería de Política Social de non achegar máis que máscaras hixiénicas ou quirúrxicas; mentres que a propia Conselleira é “usuaria perenne deste tipo de EPI, coa que acude a comparecencias públicas e visitas protocolarias”.

Por esta razón, os empregados destes centros veñen de enviar un escrito á conselleira de política social demandando unha dotación de FFP2. “Como vostede sabe”, recolle o escrito”, “estas máscaras cirúrxicas non protexen aos usuarios en ambientes de risco”. 

Neste aspecto, os traballadores destacan que nas residencias de anciáns a maior parte de internos “non levan máscara”, á parte de que se trata de espazos “pouco ventilados” nos que ten lugar “contacto estreito entre residentes e traballadoras”.

“Parécenos suficiente argumentación xa que recoñecemos que tanto Vde. como outros altos cargos do seu departamento usan as máscaras FFP2 nas súas comparecencias públicas”, apuntan dende a plataforma. Tal e como relatan estes traballadores, os centros dependentes de Política Social só achegan unha FPP2 para entrar a habitacións con persoas illadas por contaxio ou contacto estreito, e que mesmo entón “se lles ordena gardadas durante días ou semanas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta