Galicia aumentou o número de probas diagnósticas durante a última semana segundo Sanidad

Das 69.230 probas feitas na comunidade galega, 46.280 foron do tipo PCR e 22.950, de antíxenos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 18:27

Comparte esta noticia

Galicia realizou 69.230 probas diagnósticas de covid-19 entre o 19 e o 25 de febreiro, o que supón un 4% de incremento respecto da anterior semana, segundo os datos que publica este luns o Ministerio de Sanidad.

Esta taxa semanal de incremento é a maior entre comunidades, un punto por encima da media de aumento das autonomías (+3%). En cifras totais do últimos sete días, Galicia ocupa o cuarto lugar. Á cabeza está Cataluña (190.832 probas), seguida de Madrid (156.780) e Andalucía (107.226).

Destas 69.230 probas na comunidade galega, 46.280 foron do tipo PCR e 22.950, de antíxenos. Esta semana foron máis de 830.000 en todo o país. Desde que comezou a pandemia, fixéronse case dous millóns de probas en Galicia. En España, foron 33,2 millóns.

Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febreiro de 2021. A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Gal. Rosa Veiga - Europa Press
Un home participa nun dispositivo de cribado masivo para detectar positivos por coronavirus en Expourense, en Ourense, Galicia (España), a 6 de febreiro de 2021. A presión hospitalaria provocada pola pandemia do coronavirus volveu a baixar en Gal. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta