Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/03/2021 | Actualizada ás 17:20
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expresou o apoio da formación frontista á folga convocada en Ferrolterra, unha comarca que "non se resigna a ser un deserto industrial" e que demanda "solucións" que, ao seu xuízo, "teñen que vir do ámbito político".
"Lamentablemente o que sobran son motivos para a xornada de folga xeral do 10 de marzo", manifestou a líder nacionalista este martes en Fene, onde reiterou o apoio do Bloque ao paro xeral convocado para o 10 de marzo nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.
"Esta comarca leva sufrindo durante décadas as consecuencias de decisións políticas que están a vetar a este territorio para que teña futuro e a responsabilidade é tanto do Goberno da Xunta como do Goberno central", incidiu Pontón.
Estas palabras pronunciounas a portavoz do Bloque no consistorio de Fene, onde mantivo un encontro con representantes de empresas e sectores produtivos de Ferrolterra para analizar a situación económica e social que motivou a convocatoria de folga xeral para o 10 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.