A pandemia reduce nun 6% a creación de empresas en Galicia

Son datos do IGE relativos ao pasado mes de febreiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2021 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a constitución de 365 sociedades mercantís en febreiro, o que supón un 6% menos que no mesmo mes de 2020, segundo os datos que publica este mércores o Instituto Galego de Estatística (IGE). Con todo, a creación de empresas increméntase en febreiro respecto de xaneiro, xa que houbo a formalización de 78 sociedades máis.

Por provincias, A Coruña está á cabeza con 152 empresas creadas. Séguelle Pontevedra (144), Lugo (44) e Ourense (25). As empresas constituídas fixérono cun capital de 35 millóns, cunha media de case 96.000 euros en cada caso. Pola súa banda, ampliaron capital social 133 sociedades mercantís por máis de 47 millóns.

O 22% de empresas creadas en febreiro pertencen á rama do comercio, seguida de sectores como construción, industria e inmobiliarias, no 11% neste tres casos. En febreiro disolvéronse 227 sociedades mercantís, 47 máis que un ano antes, aínda que catro menos que en xaneiro de 2021. O mes pechou con 24 empresas afectadas por concurso de acredores, unha menos que 12 meses antes.

Rúa en imaxe de arquivo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press
Rúa en imaxe de arquivo. Marta Vázquez Rodríguez - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta