Convocadas tres categorías do premio 'Rosalía de Castro' de promoción do galego da Deputación da Coruña

Unha para persoas adultas, outra para entidades e unha terceira para proxectos para poboación menor de idade.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/03/2021 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña convocou a XII edición do Premio Rosalía de Castro de promoción do galego que, nesta ocasión, conta con tres modalidades: unha para persoas, outra para entidades e unha terceira para proxectos para poboación menor de idade.

Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro.

Poderán, desta maneira, presentarse ao premio persoas que destaquen na promoción do galego "de calidade e cunha identidade propia", explica a institución provincial.

Tamén poderán facelo entidades que traballen na promoción do idioma e os proxectos de dinamización lingüística que realicen un traballo específico cos tramos da poboación menor de idade, infancia e mocidade e que atenda espazos emerxentes do uso do galego co obxectivo de premiar a innovación e o futuro.

Por outra banda, a Deputación da Coruña informa que un grupo de ciberactivistas participarán nas actividades que a área de Igualdade dirixirá especialmente á mocidade dentro da campaña do 8 de marzo 'Moito que cambiar'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta