O alcalde de Ourense insiste en traer a Jénnifer López: "a contratación segue en bo camiño"

"A ver se en 2022", asegura.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 05/03/2021 | Actualizada ás 20:51

Comparte esta noticia

Os partidos da oposición en Ourense reprocharon a carencia de actuacións programadas polo Concello ata finais de novembro. Unhas críticas que o rexedor, Gonzalo Pérez Jácome, despachou insistindo en traer á cidade a Jennifer López. "A súa contratación segue en bo camiño", asegurou.

Jennifer López
Jennifer López | Fonte: TVE

Nun longo pleno, o rexedor suliñou que non se poderá celebrar un concerto masivo este ano, "pero a ver se en 2022".  "Vostedes queren unha cultura para elites mentres nós cremos en actos masivos que son máis democráticos", reflexionou.

FONDOS NEXT GENERATION

Outro punto abordado foi a moción do Partido Socialista sobre os fondos europeos Next Generation. Aquí, un dos deputados populares afirmou que "o alcalde non sabe nin o que son estes fondos nin cre neles". "O Concello está gobernado por técnicos para liquidar as deficiencias políticas", lamentou.

Ademais, recriminoulle "a perda do proxecto de case tres millóns de euros cofinanciado por Rede.es" para modernizar os recursos turísticos. "Vostedes non o entenden, estamos a loitar por perder esa subvención", dixo Pérez Jácome.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta