Un segredo "ecolóxico"

Os demais gobernos fan o contrario do que se obriga a facer en España. Poremos dous exemplos: A gran potencia Alemaña e o emerxente Marrocos. Péchanse as centrais térmicas de España e ábrense, inauguran en Alemaña e Marrocos. Estannos empobrecendo?. Si, é obvio.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 08/03/2021

Comparte esta noticia
Mentres que "o goberno máis progresista de historia" impón  sacrificios de postos de traballo, peche de centrais térmicas, perdida de electricidade, e de competitividade, os demais fan  exactamente o contrario, cousa curiosa, e grave.  E coa lei de Cambio Climático, a cousa será aínda máis grave, xa que se prohibirá a extracción de uranio e hidrocarburos. Ademais desde este ano,  até o 2026, o goberno quere pechar todas as centrais de carbón. 
 
Mentres tanto a poderosa e prospera Alemaña está a terminar a central DATTELN 4, CON CAPACIDADE DE 1.100 MW, e está a ampliar unha de gas de Stade Dow,  e xa anunciou que usará carbón. Polonia está a construír cinco de carbón e teñen máis de corenta en funcionamento: Polonia segue o exemplo alemán, e o goberno de España fai exactamente o contrario que Alemaña e Polonia.  
 
Tras esta realidade, a maiores,  Marrocos xa exporta electricidade de carbón a España. Acaba de pór en funcionamento dúas centrais térmicas de Carbón, construídas con capital francés, curioso. E a electricidade de Marrocos é máis barata que a española, co cal moitas empresas decidirán ir onde lle é máis barata...E a electricidade dos nosos fogares e industrias será  moitísimo máis cara.
 
 A pregunta que nos facemos é: Por que os políticos de España fan o contrario do que fan os políticos alemáns, polacos, franceses ou marroquís?. Por que se empeñan en empobrecer a economía española, mentres os demais fana máis competitiva?. 

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes | Fonte: LEA PAZ - Arquivo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA