A Xunta estuda "caso por caso" os casos positivos en residencias que xa recibiran a vacina

No centro Santa Mariña de Xinzo de Limia hai un gromo con sete casos activos de persoas que xa recibiran as dúas doses

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2021 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García asegurou que a Cosnellería de Sanidade esta avaliando a situación tras os positivos detectados nalgunha residencia en persoas que foran vacinadas, para comprobar o efecto da vacina nestes maiores.

A residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia (Ourense), en concreto, mantén suspendidas as visitas por un gromo detectado con sete positivos entre os usuarios, dos cales unha persoa está hospitalizada e seis illadas no centro, que xa recibiran as dúas doses da vacina fronte a este coronavirus.

García referiuse a iso este sábado a preguntas dos medios, onde asegurou que se están estudando "caso a caso" e reivindicou de novo o "éxito" da campaña de vacinación contra a covid-19 en todos os centros residenciais de Galicia.

A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO
A conselleira de Política Social, Fabiola García. XOÁN CRESPO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta