O vento supera o 100 km/h en Viveiro nunha xornada con aviso por ondas de ata 6 metros

En zonas como Muras superou os 99 km/h.

Por Erik Dobaño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2021 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O vento superou os 100 quilómetros por hora na localidade costeira de Viveiro nas primeiras horas da mañá deste xoves no que hai alerta por ondas de ata seis metros e vento no litoral atlántico.

Segundo os datos rexistrados por Meteogalicia, recollidos por Europa Press, ademais da de Viveiro houbo refachos significativos de vento en Cedeira, con 89,7 quilómetros por hora sobre as 7,00 horas e de 80,9 na localidade coruñesa de Cariño de madrugada.

Pola súa banda, en municipios con altitude maior de 900 metros o vento alcanzou os 99,3 quilómetros por hora en Muras na madrugada deste xoves, pero o resto de valores rexistrados en zonas altas non superou os 65 quilómetros por hora ata as 9,15 horas.

En concreto, a Xunta activou unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, onde se esperan ondas de ata seis metros. Esta alerta comezará ao mediodía do xoves e, ademais, no oeste da provincia da Coruña espéranse ventos de suroeste de forza 7.

Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Temporal na costa galega por forte ondada e vento. ELISA PIÑÓN - EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta