A faceta musical de Rosalía, ao descuberto: "tocaba varios instrumentos, segundo conta Murguía"

Un proxecto da Fundación Rosalía repasa as grandes versións musicais dos seus poemas nun disco que será presentado en directo polo barítono Eliseu Mera e o pianista Cándido Cabaleiro.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

184 anos despois do nacemento de Rosalía de Castro, as letras da figura número un das literatura galega seguen dando de si. Moitos dos máis afamados poemas da poeta galega por excelencia chegaron ao gran público aproveitando un vehículo da música: para mostra o enorme éxito colleitado polas versións de Adiós ríos, adiós fontes ou a xa mítica Negra Sombra.

Rosalía de Castro.
Rosalía de Castro.

O problema da interpretación musical de Rosalía é que, como recoñecen dende a súa Fundación, a riqueza e extensión desta obra non sempre foi acompañada dunha disposición ordenada. Máis ben, e segundo destacan as mesmas fontes, “a maioría das pezas non están gravadas ou aparecen rexistradas de maneira dispersa”. Un eclecticismo ao que a súa Fundación busca poñer fin cun proxecto innovador: ‘Rosalía Cantada’.

Trátase dun disco que recolle os poemas máis representativos da poeta compostelá musicados por un equipo de intérpretes de primeiro nivel. O obxectivo é recompoñer esa extensa e rica visión musical de Rosalía para facerlle honra tamén á propia pulsión musical da autora, que segundo destacan os expertos tiña coñecementos de teoría musical --mesmo tocaba "varios instrumentos"-- que remataron transparentados no ritmo e a construción dalgunhas das súas obras. 

O proxecto da Fundación Rosalía componse así dun primeiro CD de poemas interpretados polo barítono Eliseu Mera --que labrou a súa carreira no esixente mundo da zarzuela-- e Cándido Cabaleiro ao piano, un experto no instrumento das 88 teclas. Póñense así ao servizo de compositores clásicos e contemporáneos nun proxecto que será presentado en directo no Auditorio da Casa-Museo o vindeiro 26 de marzo ás 19 horas, ademais de estar xa dispoñible nas principais plataformas dixitais. Dende a Fundación instan a reservar prazas no enderezo fundacionrosaliadecastro@gmail.com ante as restricións da covid. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta