Baixan en Galicia as reservas dos grupos sanguíneos 0+, A- e A+

Así o destaca a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día para atender a demanda dos centros sanitarios galegos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2021 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos Cero positivo (0+), A negativo (A-) e A positivo (A+) atópanse baixas en Galicia, mentres que as de Cero negativo (0-) permanecen normais.

Así o destaca a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que lembra que son necesarias 500 doazóns de sangue cada día para atender a demanda dos centros sanitarios galegos.

Por iso, co fin de facilitar a doazón enviará o vindeiro luns, 22 de marzo, unidades móbiles ás localidades coruñesas de Ferrol --Arsenal Militar--, Paderne --á beira do Concello--, A Laracha --Praza do Concello--, A Coruña --Facultade de Ciencias da Educación--, A Pobra do Caramiñal --Escurís-- e Frades --diante do centro de saúde--.

Tamén o luns desprazará unidades móbiles ao municipio lucense de Burela --Praza do Concello--, así como ao ourensán da Rúa --diante do Consitorio--.

Así mesmo, acudirán unidades de ADOS para facilitar a doazón nos concellos pontevedreses do Grove --Praza do Corgo-- e Vigo --aparcadoiro do Alcampo da Avenida de Madrid e rúa Urzáiz 221--.

Unidade Móbil Do CTG Para Doazón De Sangue En Galicia.
Unidade Móbil Do CTG Para Doazón De Sangue En Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta