Caballero defende unha reunión conxunta de PSdeG e BNG con Feijóo

"De dous en dous estaremos a acoutar o diálogo", asegura porque "non é o momento de sacar unha foto" senón de "pór en valor as ideas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mostrouse partidario de que a reunión que terá lugar o vindeiro venres, día 26 de marzo, entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os líderes da oposición sexa conxunta ao considerar que "de dous en dous" estar "a acoutar o diálogo" e "pondo máis dificultades á posibilidade de chegar a acordos".

Nunha rolda de prensa celebrada este luns na Cámara galega, asegurou que "calquera estrutura de reunión que o presidente formule serviralle ao PSdeG" pero sostivo que se o que se busca é "dialogar" para "compartir entre todos unha folla de ruta para a reactivación" deberían participar "todos" neste encontro.

"Os que cremos que o diálogo é fundamental para facer fronte á maior crise, cremos que é positivo que se faga con interlocución entre todos", afirmou Gonzalo Caballero, que sostén que "de dous en dous" estase "a pór máis dificultades á posibilidade de chegar a acordos".

O xefe de filas dos socialistas galegos asegurou que a el non lle preocupan "as fotos individuais" nin o "foco". "Non buscamos protagonismo, pensamos nos galegos e nas galegas e buscamos respostas para unha cidadanía tan preocupada", manifestou Gonzalo Caballero.

Tras incidir en que "non é o momento de sacar unha foto" senón de "pór en valor as ideas", o dirixente socialista apuntou que "para conseguir o diálogo e o acordo" deben participar na reunión "todas as forzas progresistas con representación parlamentaria e tamén o goberno da Xunta".

Nesta liña, tamén sinalou que os socialistas galegos traballarán "con lealdade" ante o Goberno de España e ante o da Xunta para "pór propostas e respostas aos problemas de maior envergadura que ten o país".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa no Parlamento de Galicia. PSDEG | Fonte: Europa Press

PUY FRAGA

Pola súa banda, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, confiou en que a reunión que o vindeiro venres, día 26 de marzo, manterán o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os líderes da oposición sirva para "avanzar nun acordo" sobre as "accións a desenvolver para saír da crise" derivada da pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta