Denuncian que a Xunta pon trabas aos pequenos proxectos enerxéticos para beneficiar ás grandes empresas

Ecoloxistas en Acción asegura que a administración Feijóo "multiplica os trámites" das pequenas explotacións para deixar o negocio "en mans do oligopolio enerxético".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo episodio no pulso crónico que vén mantendo a Xunta de Galicia co movemento ecoloxista asentado na Comunidade. Ecoloxistas en Acción vén de acusar á Consellería de Economía, Empresa e Innovación de “establecer novas trabas ao autoabastecemento enerxético” dos galegos cunha nova regulación que, explican, “endurece os requisitos técnicos” para que un fogar logre a independencia enerxética. 

Placas solares
Placas solares | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Os atrancos que supostamente estaría a sumar a Consellería de Economía virían de parte dos trámites precisos para desenvolver este tipo de estacións ‘familiares’, que poden comprender, por exemplo, a instalación de placas solares. A ollos da plataforma verde, a Instrucción 2/2021 do 4 marzo “alonga os prazos administrativos, multiplica os trámites e ademais endurece os requisitos técnicos”.

Este incremento dos atrancos administrativos que estaría a desenvolver a Xunta contrasta notablemente coa Lei de “simplificación administrativa” lanzada pola administración Feijóo un mes atrás; e que, de acordo con plataformas ecoloxistas e cidadás, estaría pensada para facerlle o xogo ás grandes empresas reducindo notablemente os trámites que estas terían que atravesar para poder acceder a grandes explotacións. 

“OLIGOPOLIOS ENERXÉTICO”

Todo o contrario que no caso das explotacións de autoconsumo familiar. “Estes trámites”, apuntan dende Ecoloxistas en Acción,” ademais do coste asociado aos certificados carrexan unha demora na posta en marcha da instalación, xa que a administración galega acostuma a demorarse varios meses na contestación das solicitudes”.

Por todo isto, dende a plataforma consideran que o anuncio das “novas barreiras democráticas” da Xunta está “claramente desincentivando a democracia enerxética e deixando a soberanía enerxética en mans do oligopolio enerxético”. “Con esta Instrucción da Consellería de Economía, Empresa e Innovación non só se perderán novas instalacións senón que ademais moitas das plantas enerxéticas particulares existentes deixarán de aportar enerxía limpa e renovable á rede”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta