Que queimen máis monte

Que queimen máis monte, tanto ten. A pesar de que recurtaron en medios antilumes e prevención, a pesar de que eles son os que ao se desentender como o fan case que xa lle prenden fogo ou lle dan o queroseno ao pirómano, a xente vai votarllles igual.

Por Francisco Castro | Vigo | 18/09/2013

Comparte esta noticia
Que afundan varios prestiges máis fronte das nosas costas, que o fagan aínda que prometesen que ía haber portos refuxio e retirada dos buques monocasco para que non acontecese Nunca Máis. Van votarlles igual.
 
Que nos rouben as caixas, Pescanova e o país enteiro, insistindo na desgaleguización completa da nosa terra, a cada día que pasa, máis e máis colonia, que van votarlles igual.
 
Que se esnafren trens, avións e todo o que se mova e leve xente. Aínda que teñamos peores, ou nulas, medidas de seguridade e xa que logo, máis posibilidades de morte segura, hanlles seguir votando igual.
 
Que se neguen a abrir comisións de investigación sobre calquera cousa gravísima por se lles implica ou prexudica. Que máis dá que non se coñezan as verdades, eles han votarlles igual.
 
O problema somos nós, o conxunto dun país suicida.
 
E a oposición política, sinto dicilo, tan e tan errática tantas veces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) é editor e escritor na Editorial Galaxia e desde 2010 é o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autor, entre outras obras, de "Xeración Perdida", "Un bosque cheo de faias", Spam e Chamádeme Simbad, entre outras. @franciscocastro