O videoxogo 'O Mester' gaña a game jam 'Afonso X e Galicia'

O xogo parte da tradición musical das "Cantigas de Santa Maria".

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 20:55

Comparte esta noticia

O xurado da game jam 'Afonso X e Galicia', convocado polo Consello de Cultura Galega, declarou gañador por unanimidade o xogo 'O Mester', presentado por Carlos Balado e Pablo García de los Salmones.

Videoxogo 'O Mester'
Videoxogo 'O Mester' | Fonte: Consello da Cultura Galega

Este videoxogo parte da tradición musical das'Cantigas de Santa Maria', e propón duelos musicais cos personaxes das ilustracions do Códice. "O noso xogo é unha especie de 'Simon dice' cunha volta de torca. Un xogo musical cos personaxes que saen nas 'Cantigas de Santa María' no que queriamos que as ilustracións cobrasen vida", afirma Carlos Balado, creador xunto con Pablo García de los Salmones do videoxogo.

Na súa decisión, os membros do xurado destacaron que o proxeccto "conta con ambientación musical e visual moi coidada e toques humorísticos que o converten nunha proposta atractiva que permite amosar o potencial das Cantigas de Santa María para seren incorporados a formatos e linguaxes do presente".

A entrega do premio, dotado con 250 euros en metálico, terá lugar o venres 16 de abril ás 17 horas na exposición "Afonso X e Galicia", na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.

A PROPOSTA DO GAME JAM

Ao fio da exposición 'Afonso X e Galicia', última aposta expositiva do Consello da Cultura Galega, este organismo convocou, en colaboración coa Asociación Galega do Videoxogo, un encontro virtual de desenvolvedores para difundir este legado cultural entre o público novo a través de novos soportes e linguaxes.

Ademais do xogo gañador, tamén se recibiron outras dúas propostas: 'Decimus', de Xogon e Xurxo Diz, que se trata dun xogo de dados, e 'Alfonso X y las cuatro cantigas', de macanaDEV, un xogo de plataformas en 2D. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta