Unha vintena de mostras e iniciativas de museos que podes visitar durante a Semana Santa

Tamén haberá visitas guiadas para un público familiar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2021 | Actualizada ás 19:03

Comparte esta noticia

A rede de museos xestionados pola Administración galega ofrecerán preto dunha vintena de mostras e actividades para os días da Semana Santa, entre elas diferentes disciplinas artísticas, arqueoloxía e a posibilidade de participar en visitas guiadas pensadas tamén para o público familiar.

No Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia atópase a mostra 'Faraón. Rei de Exipto', composta por 140 pezas das coleccións do 'British Museum' Tamén se atopa 'Os brancos segredos do seu ventre', unha selección de 53 pezas de recoñecidos artistas de arte contemporánea e 'As miradas de Isaac', a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo tras o seu falecemento.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle 'Imaxes de Pedra', unha viaxe polo Camiño de Santiago, ou 'Arquitecturas debuxadas Compostela', un compendio de arquitecturas configurado ao redor da catedral e da cidade

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) abriu a mostra 'Accións peregrinas' de Pilar Albarracín, e tamén conta con 'Pauline Oliveros. Retrospectiva', entre outras.

Outros emprazamentos, como o Museo de Belas Artes da Coruña, ofrece un percorrido pola moda do período 1860-1960 a través da colección González Mouro reunida na mostra 'Vestir épocas'.

Pola súa banda, o Museo do Mar de Vigo acolle a exposición 'Crebas', unha serie fotográfica realizada nun areal da Costa da Morte, e o Museo Massó de Bueu, ofrece a exposición permanente 'A conquista do mar e a explotación dos seus recursos'.

Unha exposición no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. XUNTA - Arquivo
Unha exposición no Museo Gaiás da Cidade da Cultura. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta