Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/04/2021 | Actualizada ás 21:30
Galicia administrou 498.870 das 622.665 recibidas, o que supón o 80,1% do total sobre as entregadas, unha porcentaxe que se sitúa seis puntos por baixo da media estatal.
Así o informa o Ministerio de Sanidade este xoves, con datos actualizados a 31 de marzo. Das 622.665 vacinas entregadas á comunidade autónoma galega, 427.165 corresponden a Pfizer, outras 73.600 a Moderna e 121.900 a Astrazeneca.
Por outra banda, o número de persoas coa pauta completa ascende a 162.397, 7.869 máis respecto da xornada anterior, segundo informa Sanidade. As comunidades autónomas administraron ata este xoves un total de 8.342.160 doses das vacinas contra a Covid-19 de Pfizer-BioNTech, Moderna e AstraZeneca, 306.995 delas nas últimas 24 horas. Isto representa o 86,1% das entregadas en España, que ascenden a 9.589.995 unidades.
Ademais, un total de 2.797.015 persoas recibiron xa a segunda dose a partir da cal se empeza a xerar inmunidade, 75.931 máis que o mércores. Isto supón o 33,5 por cento do total das doses administradas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.