O domingo deixará sol e vento en Galicia

Os refachos concentraranse na metade norte do territorio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Durante a xornada deste domingo as altas presións localizadas no Atlántico continuarán dominando a situación meteorolóxica en Galicia e achegarán estabilidade. Segundo recolle o parte diario de Meteogalicia, espérase unha xornada de ceos en xeral pouco anubrados ou despexados, con algunhas nubes de estancamento no litoral cantábrico.

As temperaturas mínimas presentarán un lixeiro descenso, mentres que nas máximas apenas se observarán cambios. Os ventos soprarán do nordeste, máis intensos na metade norte, onde se alcanzarán intervalos fortes.

Predicións meteorolóxicas. METEOGALICIA
Predicións meteorolóxicas. METEOGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta