O Concello da Coruña abre o prazo para presentar solicitudes ás bolsas comedor do próximo curso

Por E.P. | A CORUÑA | 05/04/2021 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Concellaría de Igualdade do Concello da Coruña abriu este luns, e ata o 30 de abril, o prazo para presentar as solicitudes ás bolsas comedor do próximo curso, ás que o goberno local destinará 2.050.000 millóns de euros, segundo informa.

Como novidade na convocatoria 2021/2022, obterán a máxima puntuación as persoas solicitantes que reciban o Ingreso Mínimo Vital ou un subsidio por desemprego, ademais das beneficiarias da Risga ou da Renda Social Municipal, que xa foron incluídas o ano pasado.

Ademais, establécese un novo rango de valoración para aquelas que estean nunha situación de risco como consecuencia da pandemia, ben sexa porque están no paro, en ERTE ou en cesamento de actividade. Por outra banda, a renda per cápita máxima para ter acceso ás bolsas ampliouse dos 7.000 aos 8.000 euros.

CONSELLO MUNICIPAL DO DEPORTE

Noutra orde de cousas, o Consistorio informou que este martes se constituirá o Consello Municipal dos Deportes, do que a alcaldesa, Inés Rey, espera que se converta nunha ferramenta para "establecer as bases" do deporte na cidade.

A súa constitución terá lugar no Palacio dos Deportes de Riazor e o obxectivo é que sexa un órgano consultivo e de participación no ámbito do deporte coruñés.

Comedor escolar
Comedor escolar | Fonte: Arquivo - EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta