Un colectivo acusa o goberno santiagués de "represaliar" os artistas polas súas protestas á nova normativa

Aseguran que o goberno local "discrimina os artistas locais" ao incluír nas listas "non residentes en Santiago nin en Galicia".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 06/04/2021 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

A asociación Artistas de Compostela acusou ao goberno do Concello de Santiago de "represaliar" aos artistas que protestaron pola nova normativa que regula as actividades na vía pública e que este colectivo considera que establece condicións "abusivas" e que "dificultan o exercicio" do seu traballo.

Unha das habituais actuacións de rúa no casco vello de Santiago. Redescena.net
Unha das habituais actuacións de rúa no casco vello de Santiago. Redescena.net

Para a asociación, segundo denuncia, o concello comete "novas e flagrantes irregularidades" na publicación das listas provisionais, nas que "varios compañeiros" sufriron "represalias polas protestas públicas das últimas semanas".

O colectivo sostén que o proceso de presentación de solicitudes "foi acurtado en dous días hábiles" a través dun decreto "sen previo aviso".

Así mesmo, aseguran que o goberno local "discrimina os artistas locais" ao incluír nas listas "non residentes en Santiago nin en Galicia", así como "mesmo" persoas "que supostamente solicitaron licenza estando xa falecidas".

Isto, segundo Artistas de Compostela, prodúcese polas "reiteradas neglixencias" no rexistro municipal á hora de tramitar as solicitudes.

Por último, censura que o executivo local que encabeza o rexedor Xosé Sánchez Bugallo "elimine prazas sen xustificación" como a dos pintores ao pasar das 36 previstas a 17 que non serán adxudicadas por orde de chegada senón a través de autorización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta