A covid segue avanzando en Galicia: volven aumentar os casos activos rexistrados

Tamén soben os novos contaxios detectados polo Sergas. Pola contra, as cifras de hospitalizados descenden lentamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2021 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Os casos activos de Covid-19 seguen en aumento en Galicia desde o inicio da semana e sitúanse en 2.233, así como tamén os novos contaxios, que repuntan a 181, mentres que a presión hospitalaria alíviase e descenden a 188 os pacientes con este coronavirus ingresados na Comunidade galega, 21 menos.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, na Comunidade galega 27 pacientes Covid permanecen en UCI, o que supón seis menos, e 161 noutras unidades de hospitalización, 15 menos.

Con todo, por áreas sanitarias, descenden os hospitalizados con Covid en catro delas --A Coruña-Cee, Vigo, Santiago-Barbanza e Lugo--, mentres que aumentan na de Pontevedra-O Salnés e mantéñense nas de Ourense e Ferrol --aínda que nesta xa non quedan pacientes Covid en UCI--.

En concreto, o maior alivio corresponde á área da Coruña e Cee, onde baixan a 11 os pacientes Covid en UCI --catro menos-- e a 55 os ingresados noutras unidades --dez menos--; mentres que na de Vigo baixan a seis os críticos --dous menos-- e a 33 os doutras unidades --catro menos--.

En canto á de Santiago e Barbanza, aínda que aumentan a catro os pacientes Covid en UCI --uno máis--, descenden a 16 os doutras unidades --catro menos--, mentres que na de Lugo seguen tres en críticos e caen a sete os doutras unidades --uno menos--. Na área de Ourense seguen dous pacientes Covid en UCI e 19 noutras unidades, mentres que a de Ferrol xa non ten ingresados en críticos --contaba cun a xornada anterior-- e rexistra nove noutras unidades --uno máis--. Pola súa banda, na área de Pontevedra e O Salnés segue un paciente Covid en UCI, mentres que ascenden a 22 os ingresados noutras unidades de hospitalización --tres máis--.

MÁIS CASOS E CONTAXIOS

Os casos activos deste coronavirus en toda Galicia volveron a experimentar, como sucede desde o inicio da semana, un lixeiro incremento, 22 máis, ata os 2.233, tras haber máis contaxios (181) que altas (156). En concreto, descenden os casos activos nas áreas da Coruña e Cee (-36), na de Ferrol (-3) e na de Ourense (-2); mentres que aumentan nas de Vigo (+25), Santiago e Barbanza (+17), Pontevedra e O Salnés (+15) e Lugo (+6).

Deste xeito, segue a da Coruña e Cee á cabeza con 649 casos activos; seguida da de Vigo, con 623; Santiago e Barbanza, con 320; Pontevedra e O Salnés, con 266; Lugo, con 145; Ourense, 139; e á cola segue Ferrol, con 91. En canto aos novos contaxios detectados con calquera tipo de proba, veñen de repuntar a 181, tras iniciar a semana con 112 novos e aumentar a 139 este martes pasado.

Do total, 143 son positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas --27 máis que a xornada anterior--, deles 61 na área de Vigo; 28 na da Coruña e Cee; 18 na de Santiago e Barbanza; outros 18 na de Pontevedra e O Salnés; oito na de Ourense; oito na de Lugo e dúas na de Ferrol.

Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas. / Europa Press
Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas. / Europa Press

MÁIS PCRS

Este incremento chega da man dunha nova ampliación do número de probas realizadas polos Sergas. Ata a data da última actualización de datos realizáronse na Comunidade galega 1.884.413 PCR, o que implica 7.199 probas máis que a xornada anterior --máis de 2.000 que as efectuadas o día pasado--.

Mentres, a taxa de positividade, logo de ter repuntado a un catro por cento no inicio da semana, mantense como a xornada pasada nun 2%, polo que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta