A Xunta volverá permitir as reunións de non conviventes en domicilios a partir do venres

Poderán ser encontros de ata catro persoas. En exteriores, o tope seguirá sendo de seis persoas por encontro. Tamén se permitirán viaxes en vehículo particular a persoas que non convivan xuntas. A Pobra do Caramiñal e O Grove entran no nivel máximo de restricións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/04/2021 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

As reunións de persoas non covivientes en domicilios volverán estar permitidas en Galicia a partir da madrugada do próximo sábado 10 de abril. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesañana, na rolda de prensa celebrada este mércores tras o comité clínico que tivo lugar na noite do martes. Así o anunciou o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesañana, tras o comité clínico que tivo lugar na noite do martes.

Varias persoas polo Paseo Marítimo de Sanxenxo / Beatriz Ciscar - Europa Press. / Europa Press
Varias persoas polo Paseo Marítimo de Sanxenxo / Beatriz Ciscar - Europa Press. / Europa Press

O cambio de criterio, co que Galicia volve ao esquema previo á Semana Santa, tempo no que os encontros de persoas que non conviven xuntas estiveron limitados a que se producisen no exterior; producirase na medianoite do venres ao sábado, co que o primeiro día da medida será o 10.

Deste xeito, poderán celebrarse reunións de non conviventes en domicilios ata un máximo de catro persoas. En exteriores, o tope seguirá sendo de seis persoas por encontro.

A limitación dos encontros en espazos pechados a persoas coviventes (coa excepción daqueles que se producían en negocios de hostalaría, onde si estaban permitidos) foi imposta con carácter xeral para todo o Estado por acordo do Consello Interterritorial de Sanidade.

A flexibilización da medida tamén afecta as viaxes en vehículos particulares, que durante a última semana estiveron restrinxidas a persoas que vivisen baixo o mesmo teito. A partir do venres, os non conviventes poderán compartir coche de novo.

Trátase da principal medida acordada no comité de expertos que asesora á Xunta para o control da pandemia na súa última reunión (celebrada na noite do xoves), ademais da imposición do nivel máximo de restricións nos concellos da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e O Grove (Pontevedra).

Estes dous concellos quedarán pechados perimetralmente e co funcionamento da hostalaría restrinxido ao servizo a domicilio a partir da medianoite deste mesmo mércores.

Así o recollerá unha orde extraordinaria que será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na que tamén figurarán os cambios nas restricións ás reunións antes mencionadas que, en todo caso, non se aplicarán ata o sábado.

A POBRA E O GROVE

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Parrondo, explicou que a evolución da pandemia na Pobra e O Grove durante os últimos días foi "moi parecida", cun importante incremento dos casos respecto das cifras do 29 de marzo.

Así, o concello da comarca do Salnés presentaba o luns previo aos festivos de Semana Santa unha incidencia a sete días de 76 casos por cada 100.000 habitantes e de 133 no dato a 14 días. Oito días despois, con cifras deste martes, O Grove ten unha incidencia por enriba dos 300 casos a 7 días e dos 400 a 14.

A situación na Pobra é "moi parecida", pois dos dous casos que rexistraba o 29 de marzo pasouse a unha incidencia acumulada ao redor dos 300 casos por cada 100.000 habitantes na taxa a 7 e 14 días.

Por todo iso, ademais de elevar ao máximo as restricións, intensificaranse "o desenvolvemento de cribados poboacións para a procura activa de casos nestes muncipios e as súas zonas de influencia, especialmente en "toda" a comarca do Barbanza.

REUNIÓNS DE CONVIVENTES

Cuestionado sobre a limitación a catro persoas nas reunións no interior dos domicilios, García Comesaña incidiu en que "a filosofía" da medida é actuar sobre as contornas "de confianza" onde as persoas se quitan a máscara, pois é aí onde se dan a maioría de contaxos.

Por tanto, entende que limitar o número de persoas que poidan xuntarse pode levar a "situacion complexas" como que un domicilio con catro membros non poida convidar a ninguén, pero que é preciso establecer un máximo con carácter xeral que, en todo caso, é menor que o límite marcado en nadal, cando se permitiron ata 10 durante as principais datas festivas.

CÓDIGO 'QR' EN HOSTALARÍA

Outro dos aspectos sobre os que respondeu foi a posibilidade de facer obrigatorio o uso do sistema de códigos 'QR' para os usuarios de establecementos de hostalaría co obxectivo de facilitar a rastrexabilidade dos contactos en casos de gromos como o rexistrado nun local de Vigo durante a Semana Santa.

García Comesaña lembrou que o negocio si debe contar con este sistema de código 'QR', que debe estar visible á entrada do establecemento xunto coa indicación da capacidade máxima; pero cre que estender a obrigatoriedade aos usuarios, algo que "non se descarta a futuro", podería ser complicado de aplicar en determinados segmentos de poboación, ao estar ligado a que conten cun "dispositivo de lectura", é dicir, un teléfono intelixente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta