Rodríguez culpa a Beiras de "afondar na subordinación de Galiza"

As negociacións entre Anova e Bloque cara unha coalición para as eleccións europeas non avanzan.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/09/2013 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Francisco Rodríguez rebate no seu último artigo a aposta de ANOVA por unha fronte ampla do nacionalismo e das esquerdas que se poida integrar nunha coalición con forzas estatais nas eleccións europeas. O principal referente ideolóxico da UPG -o partido máis numeroso no Bloque- acusa a formación do seu ex-compañeiro Xosé Manuel Beiras de afondar na subordinación de Galicia.  

Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque
Quintana, Beiras e Paco Rodríguez nunha asemblea do Bloque

"Alguén ten concluído, non sei se en base a estes síntomas ou simplemente en atención á correlación de forzas no plano electoral, que Galiza non ten capacidade para facer unha política propia, para pretender enunciar reclamacións como pobo diferente e con problemas específicos, para colocarse nunha dinámica similar á doutras nacións do Estado aspirando a lograr capacidade de decisión, soberanía, como única posibilidade de saírmos do calvario destrutivo en que nos ten sumidos a dependencia e a subordinación a España", escribe Rodríguez en Terra e Tempo, voceiro dixital da UPG.

A pasada semana Beiras dixo que e "a nación galega non ten a potencia suficiente para pola súa propia conta, coas súas propias forzas, romper co Estado español, nin co rexime estabelecido". O voceiro de Anova argumentaba así a prol dunha coalición de forzas galegas pero que tamén puidera formar parte dunha coalición de ámbeto estatal, que podería incluír a Esquerda Unida, socio de Anova no Parlamento de Galicia.

"Con este tipo de discursos, e coa conseguinte alternativa práctica, non se fai máis que afondar na subordinación de Galiza a deseños e estratexias que nin pensamos nin decidimos nin controlamos aquí", respóndelle Rodríguez.

O BNG enviou a Anova unha misiva para manter unha reunión formal de cara a formar unha coalición. Con todo, as bases negociadoras do Bloque vetan calquera pacto con forzas de ámbeto estatal, polo que semella difícil que poida haber un acordo. O Bloque mantén este mércores a súa primeira xuntanza para formar unha coalición. Será cos galeguistas de Compromiso por Galicia. Polo de agora descoñécese se haberá negociación formal con Anova.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

21 Galegoz

En Galiza vese que a maioría dos galeguistas estamos reclamando unha política moderada e coherente, cando funcione ista pasaremos cara plantexamentos mais avanzados e profundos. O BNG fíxolle moito dano ao galeguismo. Eu sempre votei BNG mais vexo en ANOVA unha posición máis realista en organización e programa. O BNG ten unha contradición interna insalvable, un líder inamovible nunha organización de esquerdas é demasiado contradictorio para que o partido conecte coa xente. Por isto non estamos preparados para pedir a independencia, necesitamos que don Francisco Rodríguez reformule a UPG e que sexa unha opción coherente, así teremos mais forza entre todos. E despois paseniño avanzaremos cara o independentismo. Apertas

20 Galiza por AGE

E por que será que os que levan unha traxectoria de fracaso cara á irrelevancia se empeñan tanto en querer darlles clases de como se fan as cousas ós únicos que parecen estar levando un rumbo acertado?

19 Soeu

Canto "suxeito político galego" -mira que ata chega ser insultante, eh?- con memoria selectiva hai sobre Beiras e sobre o que el defendía como debía ser o nacionalismo galego. En fin suxeitos políticos galegos, que teñades boa enchenta de parvadas.

18 Mastro

Beiras ten razón. Pero Fco Rguez di a verdade. Estes debates lémbranme moito ao tema dos "marchosos" vs "os quedados" que tanta tinta tirou na eleicións galegas. Chegaron as eleicións e Beiras tivo o que quería ter: VENCER! Agora ben, esa estratexia que tivo grande éxito eleitoral non é o futuro do nacionalismo galego, que se enfronta ao dilema de ser propio de seu ou xuntarse co esquerdismo do Reino de España. BEiras muda de discurso e agora o primordial é a creba (restauración/revolución) do Reino ou Galicia/Galiza como suxeito político. Realidade vs Utopía. Hai que crer no Reino para seguir a Beiras ou seguir autistas del. Galicia non ten poder dabondo no Reino para mudalo, iso é aceptalo como realidade política. Beiras pode escoller o camiño de unirse ás outras forzas políticas españolas ou escoller ir coas armas políticas que hai e defender o propio coas forzas propias.

17 Galicia independente

Hai que lembrar, como xa afirmei neste foro noutras ocasións, que ata hai moi pouco, o BNG non era independentista. Non obstante, benvida sexa a nova liña de Vence.Ademais, en 2004 o BNG foi con CiU, un partido de centro-dereita foráneo, e a UPG nunca se preguntou "por qué pactamos cunha forza de obediencia burguesa e con centro de decisión fóra de Galicia".