A fin de semana deixa 30 accidentes de tráfico e un morto en Galicia

O 061 atendeu a 40 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 40 persoas debido a 30 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega, das que unha faleceu. Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 9 de abril e as 23,59 horas do domingo 11 un total de 43 chamadas en relación con accidentes de tráfico. A xornada con máis incidentes foi a do sábado, con 13.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 39. Deste xeito, as ambulancias realizaron 37 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia en dous sinistros. En 32 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasiones recibiron atención no lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 63 por cento e a de mulleres situouse no 37%. En canto ás idades dos feridos, o 40,5% dos asistidos tiña entre 20 e 34 anos. A provincia de Pontevedra, con 12 accidentes, foi a que rexistrou máis sinistros durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da da Coruña, con nove; Lugo, con oito; e Ourense, cun.

Imaxe de arquivo dun acidente. GC
Imaxe de arquivo dun acidente. GC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta