Son uns mamóns

Lin o pasado sábado que un xeque saudí "opina" que a condución é mala para a fertilidade feminina; noutra nova, o mesmo día, que o presidente de Gambia advirte á ONU sobre a perigosidade dos homosexuais, que son, segundo o seu criterio, unha ameaza para a humanidade. Que mamóns.

Por Francisco Castro | Vigo | 01/10/2013

Comparte esta noticia
Este tipo de declaracións poden, e deben, facernos cuestionar se hai relación ou non, entre o desempeño do poder e a intelixencia, a sabeduría, o sentido común ou, incluso, sobre a saúde mental. Nós xa sabemos que non, ou que non sempre, entre outras cousas, porque a realidade nos dá a diario un feixe enorme de casos para que así o pensemos.
 
A cousa, se non fose porque as súas consecuencias son gravísimas, non tería en principio moita importancia, mais, o certo é que si que a ten porque en función do que opinen estes paxaros, os dereitos e liberdades da xente vense tocados. E así, como os xeques pensan o que pensan, daquela as mulleres son consideradas persoas de segunda. E como os presidentes, de Gambia ou de Rusia (ou a Conferencia Episcopal que manda moito no PP) opinan o que opinan sobre os homosexuais, remata exercéndose sobre eles toda clase de violencias, incluso a institucional. 
 
Platón, o primeiro grande pensador sobre estas cousas da política e, en especial, sobre a figura do dirixente, dixo cousas hai 2500 anos que siguen sendo absolutamente validas. Por exemplo, que opinión ten calquera (un xeque, un presidente...) e tamén que para dirixir á cidade hai que ser o máis sabio, ou sexa, nunca un mamón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) é editor e escritor na Editorial Galaxia e desde 2010 é o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autor, entre outras obras, de "Xeración Perdida", "Un bosque cheo de faias", Spam e Chamádeme Simbad, entre outras. @franciscocastro