As hectáreas queimadas en incendios forestais en 2020 superan ás que arderon en 2018 e 2019 xuntos

Segundo Medio Rural, da superficie queimada, a maior parte, 12.872 hectáreas, foi monte raso, fronte a 1.964 arboredos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 18:35

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou en 2020 un total de 1.538 incendios forestais (-7,7%) nos que arderon 14.837 hectáreas (+117%), segundo avanzou este martes no pleno do Parlamento o conselleiro de Medio Rural, José González. Desta superficie queimada, a maior parte, 12.872 hectáreas, foi monte raso, fronte a 1.964 arboredos.

O total de 14.837 hectáreas calcinadas en incendios forestais o ano da pandemia da covid é superior ao do conxunto dos anos 2018 e 2019 na comunidade galega, cando foron arrasadas 2.599 e 6.837 hectáreas, respectivamente. En calquera caso, supoñen cumprir o obxectivo que se marcou a consellería de que ardesen menos de 17.000 hectáreas.

Mentres, de acordo cos datos ofrecidos polo conselleiro este martes nunha comparecencia a petición propia, en 2021 foron contabilizados 255 lumes, deles 81 declarados en momentos nos que non poden traballar os medios de extinción, case o 32%, do que deduciu "unha clara intencionalidade".

O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno. XOÁN CRESPO
O conselleiro do Medio Rural, José González, no pleno. XOÁN CRESPO | Fonte: Europa Press

Aínda en materia de loita contra o lume, González cifrou en 232 os concellos que xa contan con plan municipal contra incendios tramitado, o 86% dos consistorios adheridos ao convenio coa Xunta, e esperou que este ano se completen ata 269.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta