Unha reflexión sobre blogs e confidencias

Hai uns días coincidimos con Ignacio Escolar, blogger e director adxunto de La Voz de Almería, e con Álvaro Varona, responsable das páxinas web de Prisacom e chamounos a atención as súas reflexións...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 22/06/2006

Comparte esta noticia

Ata aí ben, pero cando se lles preguntou pola situación laboral dos xornalistas electrónicos as afirmacións non foron tan contundentes. "En Prisacom hai oito persoas contratadas", respostou Varona, pero non concretou se están nas mesma situación que os seus compañeiros de El País en papel, por exemplo, xa que un dos principais problemas dos xornalistas electrónicos é a súa precariedade laboral.

Tampouco coincidimos coa explicación que deron sobre a utilización que os medios tradiccionais fan dos contidos dos blogs ou dos confidenciais, dos que eles son actores participantes. "Son lixo e como son lixo non falamos diso", espetaron ao suliñar que, especialmente, os confidenciais son utilizados como medios de negocio ou extorsión.

Consideramos que hai medios (blogs, confidenciais, ou como nos gusta denominalo a nós 'confiblogs') cuio fin non é o negocio senon dar a coñecer feitos que os medios tradicionais ocultan ou calan, crear opinión pública e mover á reflexión sobre feitos determinados e sensibilizar aos lectores sobre cuestións da actualidade política ou mediática. Ese é, polo menos, o obxectivo de GC. Non vemos que iso sexa remover no lixo, aínda que a algún llo pareza. De todos xeitos, gustarianos coñecer a vosa opinión.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA