A Eurociudad Chaves-Verín pide a súa reapertura tras máis de tres meses pechada

"O peche de fronteiras ten efectos sumamente preocupantes a nivel económico e social", apunta a entidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/04/2021 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

A Eurociudade Chaves-Verín demandou aos gobernos español e portugués a apertura do paso fronteirizo entre as localidades galega e lusa, que permence pechado desde o pasado 31 de xaneiro como medida para a contención da pandemia.

Nun comunicado, a alianza reitera a súa censura a un peche fronteirizo que "mostra un total descoñecemento da realidade" desta zona na que residen uns 60.000 habitantes que, segundo remarca a Eurociudade, manteñen "unha enorme permeabilidade" nas súas relacións.

Por tanto, e a pesar de recoñecer a necesidade de aplicar medidas excepcionais ante a crise sanitaria que afecta o mundo desde o pasado ano, Chaves-Verín reivindica a articulación de medidas "que non penalicen aos residentes transfronteirizos".

Neste sentido, sinalan ao modelo seguido na fronteira entre España e Francia, onde o paso está aberto baixo unha serie de medidas sanitarias, como unha das posibles solucións para retomar a mobilidade entre Feces de Abaixo e Vila Verde da Raia.

"O peche de fronteiras ten efectos sumamente preocupantes a nivel económico e social", subliña a entidade, que solicita aos gobernos luso e español a adopción de medidas para minorar o impacto do peche fronteirizo entre os habitantes da raia.

Militares na fronteira con Portugal. BRIGADA ESTREMADURA XI
Militares na fronteira con Portugal. BRIGADA ESTREMADURA XI

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta