Coñece cales son as mulleres galegas con maior influencia no Estado

Na listaxe destacan as ministras, pero con espacio a empresarias, xestoras e mesmo figuras do deporte.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/04/2021 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

Un día antes de que a Universidade de Vigo celebrara o talento feminino no eido tecnolóxico tiña lugar, no Estado, un dos grandes recoñecementos ao papel das mulleres como persoas influíntes en moitas das esferas do día a día. A clasificación ‘Top 100 Mulleres Líderes en España’ celebrou este mércores a súa novena edición nunha gala marcada polo híbrido-virtual e que deixou a Galicia en bo posto.

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, sorrí á súa chegada á comparecencia no Congreso dos Deputados na Comisión para a Reconstrución Social e Económica días despois da volta da patronal ao diálogo social e á negoc. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo
A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, sorrí á súa chegada á comparecencia no Congreso dos Deputados na Comisión para a Reconstrución Social e Económica días despois da volta da patronal ao diálogo social e á negoc. Eduardo Parra - Europa Press - Arquivo

A clasificación, que, en palabras da súa fundadora, “busca e atopa o talento feminino en cada recuncho de España”, destacan nomes tan coñecidos como a chef e empresaria Samantha Vallejo Nágera; a actriz e directora de cinema Leticia Dolera; ou a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. 

Entre elas, catro galegas foron recoñecidas entre as Top 100 Mulleres Líderes en España: a Ministra de Traballo e Economía social, Yolanda Díaz; a Vicepresidenta Segunda, Nadia Calviño; a CEO de Grupo Leite Río, Carmen Lence; e a xefa de desenvolvemento portuario e comercial na Autoridade Portuaria A Coruña, Irene Souto. 

Ademais, por primeira vez e fóra de concurso, foron recoñecidas 10 españolas que se desempeñan con éxito no exterior. De 42 postulantes, resultaron finalistas tres galegas: Ana José Varela, directora financeira da OCDE; María Begoña Vila, enxeñeira xefe no centro espacial Goddard da NASA; e Verónica Boquete, futbolista no Milán Club. 

Este ranking leva un pormenorizado proceso de candidaturas e avaliación. De feito, nesta edición alcanzouse unha marca de participación, no que se superaron os 32.000 votantes, os 75.000 votos en total, e os 150.000 visitantes únicos na web da entidade durante o período aberto de votacións. Do milleiro de postulantes na fase inicial, un total de 521 aplicaron finalmente nesta edición como candidatas tras un cribado previo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta