Feijóo ignora aos hostaleiros críticos porque queren "dinamitar" o sector

O presidente galego di que el só fala coas federacións provinciais --moitas controladas polo PPdeG-- tras a constitución dunha gran federación galega con trece asociacións hostaleiras que din non sentirse representados.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 15:42

Comparte esta noticia

Trece asociacións de distintos ámbitos do sector da hostalaría galega uníronse para constituír Hostalaría Federada Galega (Hosfega), unha nova federación coa que buscan "cubrir o oco" que, din, existe nas relacións entre a Xunta e o mundo da hostalaría galega ao exercerse con entidades que "non representan" á globalidade do sector.

Feijóo erixe o Centro Superior de Hostalaría 'Nun proxecto de país' e eloxia a súa contribución ao Xacobeo. XUNTA
Feijóo erixe o Centro Superior de Hostalaría 'Nun proxecto de país' e eloxia a súa contribución ao Xacobeo. XUNTA

Pero, a pesar disto, e da importancia desta nova intedade e das entidades que representa, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, vai ignoralos. E iso, que Hosfega, que se se presentou formalemente este xoves con "máis de 4.000 negocios detrás", pediu xa manter un encontro con el.

"Se teñen diverxencias internas eu aí non me meto pero eu con quen me teño que xuntar é cos representantes provinciais", respondeu Feijóo ao ser preguntado por este medio polas críticas de moitos hostaleiros que din non sentirse representados nas negociacións que mantén a Xunta con algún representante do sector. 

De feito, a presidenta de Hosfega, Elena Vitoria, dicía hoxe que "a comunicación" coa Xunta "non é boa" e que os promotores do colectivo están "un pouco abandonados" e "afastados" das mesas de interlocución, unha situación á que, din, queren pór fin "porque a supervivencia de moitas familias depende diso". O primeiro paso foi solicitar unha reunión co presidente da Xunta, á que Alberto Núñez Feijóo xa dixo que non.

"DINAMITAR O SECTOR"

"Se mañá se crea unha federación de hostaleiros na Mariña, ou na Costa da Morte, e din que non se sinten representados estariamos nas mesmas", dixo. "Nós só nos sentamos coas federacións provinciais --moitas controladas polo PP e con escasa representatividade-- porque novas asociacións o que fan é dinamitar o sector e isto non é bo", indicou.

Con todo, a presidenta de Hosfega, cuestionada sobre a existencia doutras entidades ou federación de hostalaría a nivel galego con intercolución coa Xunta, dixo que súa vida "real" máis aló de que poida "existir a nivel administrativo ou legal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta