Tantosporcentos para asasinar unha cultura

A min, xa o sabedes, non me gusta nada falar de economía. Como son un tipo entusiasta, ou irreflexivo, nunca atendo aos números na crenza absurda de que o corazón manda máis que o IBEX 35. Mais desta volta si que vou facelo. Quizais porque me estou volvendo vello, ou porque, a fin de contas, ás veces hai que falar coa linguaxe do inimigo.

Por Francisco Castro | Vigo | 11/10/2013

Comparte esta noticia
Porque xa coñecemos os orzamentos do Estado para cultura, ou sexa, o que pensan gastar en cine, teatro, libros, dotacións bibliotecarias, promoción cultural, etc. Xa sabedes, en todas esas cousas que nos fan humanos, mellores, e que nutren a alma. E as cifras que imos coñecendo, frías, pero lúcidas, falan por si mesmas. Unhas cifras, frías e lúcidas, que deixan moi claro que ao goberno de España a cultura lle importa máis ben pouco. Ou nada.
 
Digamos que, porcentualmente, nada de nada.
 
Porque os tantosporcentos que descubrimos lendo eses orzamentos, revelan iso e non outra cousa. Desinterese. Ou, quizais, interese por acabar coa cultura de vez.
 
O proxecto dos Orzamentos Xerais do Estado para 2014 implica un 0.7 por cento menos de gasto para política cultural, para Promoción e Cooperación cultural un 11,8 por cento menos, Protección do Patrimonio Histórico un 10,1 por cento menos, Conservación e restauración de bens culturais un 9,9 por cento menos, Bibliotecas un 8,5 por cento menos, Museos un 3,7 por cento menos, Exposicións 2.19 por cento menos, Promoción de Libros e Publicacións Culturais un 3.5 por cento menos, Fomento de Industriais Culturais un 2.30 por cento menos... e estas non son todas as partidas recurtadas. Hai moitas máis.
 
Mentres, asuntos como a tauromaquia siguen contando con axudas xenerosas, xa sabedes, a cultura española irrenunciable, que hai que manter coma unha esencia irrenunciable. Mais,todo o que teña que ver con levarlle libros á xente, promocionar a literatura, ou a arte, ou poñer en valor ese patrimonio inmaterial que ten que ver coas palabras e os pensamentos, todo iso, queda machacado por uns tantosporcentos pensados, e moi ben pensados, para asasinar unha cultura

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) é editor e escritor na Editorial Galaxia e desde 2010 é o presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É autor, entre outras obras, de "Xeración Perdida", "Un bosque cheo de faias", Spam e Chamádeme Simbad, entre outras. @franciscocastro