Falece unha persoa en Meis tras quedar atrapada polo motocultor que manexaba

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/04/2021 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

Unha persoa faleceu este xoves tras quedar atrapada polo motocultor que manexaba, no concello de Meis (Pontevedra).

O suceso rexistrouse sobre as 16,15 horas, nunha leira situada na parroquia de San Lourenzo de Nogueira. A vítima atopábase manexando un motocultor, cando quedou atrapada entre a máquina e unha póla.

Varios particulares alertaron do ocorrido ao 112 Galicia, que á súa vez solicitou a intervención do 061, Protección Civil e Garda Civil. A pesar dos esforzos do persoal sanitario, a persoa afectada faleceu no punto.

Ambulancia do 061
Ambulancia do 061 | Fonte: 061-GALICIA - Arquivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta