Galicia podería retomar os concertos e verbenas ao aire libre a curto prazo

A Xunta anuncia que traballa para lanzar "algunha proba piloto" neste tipo de celebracións precisamente o día en que o sector da verbena saíu a protestar ante o Parlamento Galego para pedir unha desescalada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

De forma paralela á posible reactivación do lecer nocturno, a Consellería de Sanidade, esta vez da man da de Cultura, veñen de anunciar que traballan xa na posible articulación de "algunha proba piloto" para eventos ao aire libre "con aforamentos máis amplos", tales como concertos.

Así o explicou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, durante a rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados no último comité clínico, e preguntado acerca de experiencias piloto realizadas noutros puntos de España, como o concerto de Love of Lesbian. Comesaña explicou que as autoridades sanitarias galegas son partidarias deste tipo de probas de protocolos e avanzou que Sanidade está "a traballar" coa Consellería de Cultura para "expor o poder levar a cabo algunha experiencia piloto de eventos ao aire libre con aforamentos máis amplos".

En canto á reactivación do lecer nocturno, a folla de ruta, polo momento, segue sendo a mesma: "algunha proba piloto" no mes de maio e reapertura, se os datos epidemiolóxicos e de vacinación acompañan, en xuño. A nova de que a Xunta está a traballar nesta desescalada chega na mesma xornada en que unha manifestación do sector da verbena protestou ante o Parlamento galego pedindo data para o seu regreso á actividade. 

Christian Piñeiro sobre o escenario da orquestra Olympus.
Christian Piñeiro sobre o escenario da orquestra Olympus.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta