O plan de risco de inundacións inclúe 8 zonas de ríos cun grao significativo de influencia de cambio climático

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/04/2021 | Actualizada ás 20:10

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este venres o plan de xestión de risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021-2027.

O texto establece como zonas cun grao significativo de influencia do cambio climático as subcuencas dos ríos Ulla, Tambre, Mandeo, Eume, Lérez, Verdugo, Anllóns e a ría de Arousa.

O plan recolle medidas para minimizar o risco de inundacións por un importe de máis de 100 millóns euros, no que se inclúen as actuacións a realizar polas distintas administracións. Os interesados poden facer achegas ata o 30 de xullo.

O documento abarca 74 actuacións. As medidas deseñadas refírense a a prevención, protección ante inundacións e recuperación para paliar efectos.

Río Mandeo
Río Mandeo | Fonte: Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta