Convocan unha mobilización en xuño en "defensa" de Meirás e contra a "rapina" do Franco

Piden á Xunta e Estado que "respondan" á sentenza e defendan o patrimonio público.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 03/05/2021 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

Colectivos memorialísticos, asociacións culturais e diversas entidades convocaron unha mobilización para o 19 de xuño en "defensa" do pazo de Meirás e contra a "rapina" do Franco, segundo informan despois de que a Audiencia da Coruña lles dera permiso para retirar os bens-mobles.

Respecto diso, Iniciativa Galega pola Memoria lanzou un chamamento á sociedade civil para levantar "unha fronte de oposición á decisión da xustiza española de consentir que os Franco poidan perpetrar un último espolio en Meirás".

O grupo impulsor da mobilización, do que son portavoces os investigadores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, está a promover adhesións de colectivos de memoria, asociacións culturais e entidades de todo tipo en Galicia "para reactivar o movemento social que permitiu a recuperación do pazo de Meirás", explican.

En concreto, sinalan que a convocatoria do 19 de xuño está a facerse a través da Iniciativa 'Defende Meirás', que nace, sosteñen, "para facer fronte á decisión da xustiza española de conceder a propiedade dos bens mobles que seguen no pazo e o permiso para sacalos de alí, co amplo prazo dun mes, á familia Franco".

Esta iniciativa nace, engaden, "contra a pasividade do Estado e da Xunta de Galicia, que aínda non foron quen de contestar esa decisión". "E para esixir dos poderes públicos que respondan esta interpretación da sentenza", sinalan sobre a decisión da Audiencia da Coruña.

ESTRATEXIA DO ESTADO E XUNTA

Neste sentido, apuntan que o Estado "debe establecer con carácter inmediato unha estratexia que permita devolver agora e no futuro aqueles bens que figuran en diferentes inventarios confeccionados a instancias xudiciais". "Polo que respecta á Xunta de Galicia debe incorporar, como anexo á Declaración BIC do pazo de Meirás, o inventario de bens mobles e vinculalos á categoría de protección da que goza na actualidade o espazo como Sitio Histórico".

Ademais de instar á Administración galega a facer uso das súas competencias, Carlos Babío recalca, sobre o inventario de bens-mobles, que "só teñen que publicalos para que queden protexidos da rapina dos Franco e evitar así a súa saída de Meirás". "E para facer iso, o conselleiro --sinala sobre o de Cultura, Román Rodríguez-- non necesita encargar informes xurídicos nin esperar por eles".

Arquivo - Protesta ante o pazo de Meirás. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press - Arquivo / Europa Press
Arquivo - Protesta ante o pazo de Meirás. EUROPA PRESS/M.Dylan.POOL - Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Jose Manuel Souto Lamas

Incapacidade criminosa de Xunta/Estado español de curtocicuitar o fasciofranquismo. Inapelabel necesidade da purga policiaco/xudicial coa conseguinte xubilacion definitiva da caste protectora desta infamia.

1 CastelaoPaSogama

Que listiño o tal Babío. O auto da Audiencia anulou a súa confección...