Lidl aposta polo viño galego

A multinacional alemá di que adquiriu case dous millóns de botellas de viño galego no último ano.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 03/05/2021 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

Lidl continúa a súa aposta pola viticultura galega coa compra, no último ano, de case dous millóns de botellas de viño galego, un volume de investimento que crece un 15% en relación ao exercicio anterior.

Segundo informou a compañía, trátase dun total de 16 referencias correspondentes ás cinco Denominacións de Orixe (Rías Baixas, Monterrei, Ribeiro, Ribeira Sacra e Valdeorras), case todas en variedade permanente.

Con este paso, co que Lidl continúa reforzando o seu compromiso coa industria agroalimentaria local, a compañía aposta tanto polas adegas medianas como as pequenas, como Adegas Valmiñor ou as ourensá Adegas Santa Marta, á que comprou case a cuarta parte da súa produción baixo a marca Abadía de Nostín.

Tal como sinala o director rexional de Lidl en Galicia, Jaime Herrá, a compañía está a intensificar o seu investimento "para incentivar a compra e consumo de viños galegos", de modo que a marca "contribúa tamén á continuidade do sector vitivinícola local". Nese sentido, Herrá explica que esta decisión axuda "a dar saída a este produto nun contexto de crise sanitaria como o actual e dándoo a coñecer a potenciais clientes".

O viño galego, presente en Lidl.. LIDL
O viño galego, presente en Lidl.. LIDL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta