Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/05/2021 | Actualizada ás 09:00
Os actos de memoria e lembranza na honra de Xela Arias seguen adiante. A situación sanitaria semellar das visos de mellora e, conforme se achega a fin do estado de alarma, as xornadas en memoria da poeta rebelde que neste 2021 recibe o galardón máximo da literatura galega --o ano das letras-- chegan a Betanzos despois de pasar por cidades como Santiago de Compostela.
.
A celebración en cuestión terá lugar este venres 7 de maio ás 20:00 horas e correrá ao cargo da poeta Emma Pedreira e da ilustradora e investigadora musical Laura Romero, que artellarán unha conversa arredor da súa obra conxunta XelArias. Palabra á intemperie. O acto, destacan dende a organización, desenvolverase de conformidade coas recomendacións establecidas pola covid-19, é dicir, "nun espazo seguro, con máscara, distancia e ventilación".
A xornada contará tamén coa presenza e achega da directora de Baía Edicións, Belén López Vázquez. As tres mulleres tomarán por obxectivo desenvolver unha aproximación crítica esta obra de conversas literarias e plásticas con Xela Arias, escritora homenaxeada pola Real Academia Galega nas Letras Galegas 2021. O acto terá lugar no Salón Azul do Edificio Liceo – Arquivo do Antigo Reino de Galicia (praza de Galicia, 1) o venres día 7 de maio, ás 20.00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.