O alcalde de Chantada asegura que os infectados nun gromo na residencia de maiores "están estupendamente"

Son en total 13 persoas infectadas, 11 usuarios e dous traballadores, todos vacinados.

Por Europa Press / Redacción | Chantada | 05/05/2021 | Actualizada ás 15:52

Comparte esta noticia

As 13 persoas infectadas de Covid-19, 11 usuarios e dous traballadores, no marco dun gromo rexistrado na residencia de maiores DomusVi Chantada "non presentan síntomas graves". Así o manifestou o alcalde de Chantada, Manuel Varela, quen destacou que "se están facendo probas practicamente a diario" e este martes pasado a propia directora confirmoulle que "había 11 residentes asintomáticos e dous traballadores".

Residencia de maiores de DomusVi en Chantada
Residencia de maiores de DomusVi en Chantada | Fonte: Google Maps.

Os casos víronse incrementados este martes, ao pasar de seis usuarios positivos e dous traballadores, a 11 maiores --ao sumar cinco máis entre os residentes--.

Varela confesou que tampouco causa moita "preocupación" o gromo e puntualizou que os afectados "están estupendamente, non presentan síntomas graves".

"A preocupación é que nos poidan contaxiar aos demais. Agora están confinados ata que dean negativo", abundou o alcalde de Chantada, Manuel Varela (PP). Respecto diso, afirmou que se vai "controlar" o gromo e así destaca que a propia directora da residencia lle trasladou que "desde a Consellería de Sanidade están a comportarse de maneira excepcional".

Varela precisou que "están todos vacinados" e que, a pesar diso, "fanse probas de cando en vez, e é no contexto desas probas cando se detectaron os casos". A residencia de Chantada, "unha das máis grandes de Galicia", abundou, conta con 201 usuarios e entre "85 e 86 traballadores".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta