Ciclo de actividades para honrar a figura "transgresora" de Xela Arias

A Deputación da Coruña organiza unhas xornanas que chegarán a centros escolares da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 13:42

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña presentou o seu programa para o Día das Letras Galegas que servirá para visibilizar e homenaxear a Xela Arias e achegar á cidadanía a súa "obra e figura" e á literatura galegas feita por mulleres. En rolda de prensa, a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño definiu a Xela Arias como "innovadora, transgresora e transformadora da palabra poética".

A deputada explicou que o obxectivo das actividades programadas é "achegar a obra e figura" de Xela Arias, así como a das outras autoras homenaxeadas no Día das Letras Galegas e do resto da literatura galega feita por mulleres. A primeira actividade son os talleres 'Xela Arias: a poesía como acción', cun compoñente didáctico e divulgativo, orientados a centros de ensino en todos os seus cursos.

Neste paquete de iniciativas, están dous talleres, 'Xela Arias: a revista literaria' e 'Dúas vándalas e un micro' para ESO e Bacharelato. Tamén haberá trinta talleres denominados 'Cada día en familia', de Andrea Barreiro, nos centros de educación primaria.

A deputada de Normalización Lingüística da Coruña, María Muíño, presenta a programación con motivo do Día dás Letras Galegas. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A deputada de Normalización Lingüística da Coruña, María Muíño, presenta a programación con motivo do Día dás Letras Galegas. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta