Os Premios Follas Novas entréganse este sábado cunha gala presencial que renderá tributo a Xulio Amigo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2021 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Os Premios Follas Novas entréganse este sábado cunha gala presencial que renderá tributo ao desaparecido editor Xulio Amigo, sobre o que recae un do tres premios honoríficos que comparte co escritor angolano José Luandino Vieira e o libreiro Manuel Areas.

Os gañadores das 15 categorías daranse a coñecer nunha cerimonia que poderá seguirse na canle de Youtube dos premios, organizados pola Asociación de Editoras Galegas, a Asociación de Escritoras en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia que repasan a actividade anual do libro galego.

Fotografía dos participantes no acto de presentación dos premios Follas Novas 2021 do Libro Galego despois do encontro celebrado cos medios.. ORGANIZACIÓN DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2021
Fotografía dos participantes no acto de presentación dos premios Follas Novas 2021 do Libro Galego despois do encontro celebrado cos medios.. ORGANIZACIÓN DOS PREMIOS FOLLAS NOVAS 2021

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta