Correos instalará caixeiros automáticos en concellos sen oficina bancaria

Será en 20 localidades do Estado, tres delas en Galicia.

Por E.P. | Madrid | 14/05/2021 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

Correos instalará caixeiros automáticos en 20 localidades de entre 500 e 3.000 habitantes que actualmente non contan con ningunha oficina bancaria, tres delas situadas en Galicia, pero si unha oficina de Correos. 

Caixeiro de Correos
Caixeiro de Correos | Fonte: Correos.

A empresa pública estende desta forma o proxecto inicial polo que anunciou a instalación de 109 caixeiros automáticos en oficinas de todo o Estado, un despregamento que estaría agora a piques de completarse, segundo informa nun comunicado. En Galicia, instalará caixeiros en Samos (Lugo) e Cenlle e Cortegada (Ourense).

Os caixeiros pertencen a Euro Automatic Cash, compañía española apoiada por Grupo Banco Santander e Crédit Mutuel e especializada na xestión de frotas de caixeiros automáticos, que foi a que obtivo a adxudicación na licitación deste proxecto.

A intención de Correos é seguir ampliando a instalación de caixeiros a máis localidades nas que non hai oficinas bancarias pero si oficinas de Correos, co fin de poder contribuír a loitar contra a exclusión financeira nas zonas rurais ofrecendo aos cidadáns a posibilidade de dispor de efectivo diariamente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta